Aragón
Asturias
Canarias
Cantabria
Castilla La Mancha
Castilla-León
Cataluña
C. Valenciana
Extremadura
Galicia
La Rioja
Madrid
País Vasco

 
PROXECTO

Propósito:

  • Desenvolvemento dun plan integral de educación para o consumo centrado na seguridade dos productos.

Obxectivos principais:

  • Centra-los esforzos formativos para a seguridade dos productos nos 10 temas seguintes: teléfonos móbiles, cosméticos, piercings, tatuaxes, cirurxía estética, xogos e xoguetes, motocicletas, mercar un casco, videoxogos e productos informáticos.
  • Elaborar, editar e distribuir materiais didácticos multimedia válidos para forma-los consumidores nos eidos anteditos.
  • Establecer e desenvolver un plan de formación de formadores a distancia, con accións presenciais dirixidas ós profesores membros da REDE, axudandoos para que abranguen os temas citados.
  • Establecer un foro virtual na web da REDE e celebrar unha videoconferencia.

Valor engadido:

  • Fornece-la cooperación transnacional duradeira, a través da consolidación das redes de Educación para o Consumo nos países do sur de Europa.
  • Posibilita-lo intercambio e a explotación común de experiencias de sensibilización dos consumidores e consumidoras, a través do desenvolvemento de materiais e accións formativas sistemáticas no tema concreto da seguridade dos productos.

REDE DE EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR
© 2005(Escuela Europea de Consumidores).