| |
 |
 |
1.
Debes buscar, comparar e coñece-lo contido do xogo antes de mercar.
Para isto, sempre que sexa posible, solicita unha demostración
práctica antes de compralo.
|
2.
Escolle xogos que permitan xogar de xeito colectivo, así poderás
comparti-lo teu tempo de lecer con outras persoas. Non esquezas que
moitas veces os videoxogos invitan a realizar unha actividade basicamente
solitaria que pode illarte dos demais.
|
3.
Cando elixas un videoxogo ten en conta a idade; se é para ti,
a túa, se é para un neno ou nena, elíxelo considerando
que non resulte excesivamente difícil. Un xogo moi complicado
pode producir sentimentos de frustración ó non acadarse
os obxectivos fixados.
|
4.
O obxectivo dun xogo debe ser divertir e entreter de xeito saudable.
Merca e utiliza videoxogos divertidos, sen contidos violentos, xenófobos
ou sexistas. Ten en conta que a túa elección orienta a
producción.
|
5.
Controla e limita o tempo que adicas ós videoxogos. Non debería
se-lo único entretemento do teu tempo de lecer. ¡Atención!
sobre todo en vacacións, cando se perde a noción do tempo.
|
6.
Debes ser consciente de que o uso excesivo deste tipo de xogos, fai
que un poida chegarse a implicar tanto nos personaxes ficticios que
comece a vivi-la vida deles máis que a propia.
|
7.
Ten en conta a calidade ó mercar unha videoconsola. É
importante que a pantalla non afecte á túa vista. Observa
as recomendacións de seguridade e realiza pausas de quince minutos
por cada unha hora de xogo.
|
8.
Procura instala-la videoconsola nunha habitación ben iluminada,
se podes é mellor nun televisor de pantalla pequena. Debes manterte
a unha distancia prudencial da pantalla. Vixía que cumpran esta
norma de seguridade os pequenos da casa.
|
9.
Os problemas relacionados coa vista e o nerviosismo, asociados ó
uso de consolas de videoxogos débense, normalmente, a un uso
prolongado no tempo e á utilización de accesorios que
vibran, sobre todo os joystick, ou os mandos.
|
10.
Infórmate sempre ben antes de mercar. Evita adquirir productos
piratas, perderás en calidade e seguridade.
|
|
|
 |