| |
 |
 |
1.
Debes saber que hai diferentes tipos de cascos: para moto, para bicicleta,
para practica-la hípica,... Non utilices un casco de hípica
para ir na moto, pode ser peor o remedio que a enfermidade. Se vas mercar
un casco elixe o que sexa indicado para a actividade que vas facer.
|
2.
Á hora de merca-lo casco, coida que non debes aforrar en temas
que atinxan á túa seguridade. O importante no é
o prezo, senón que sexa un casco homologado e seguro. Antes de
mercar, infórmate ben, compara prezos e calidades.
|
3.
Esixe que o casco estea homologado segundo a normativa europea. Fíxate
se leva cosido no seu interior a etiqueta de homologación.
|
4.
Para que vexas ben, é mellor que merques un casco que leve a
viseira clara, que non sexa tintada, que non se rele, e, se é
posible, antibafo.
|
5.
Cando acudas a unha tenda especializada, pídelle que te aconsellen
e próbate, con tranquilidade, diferentes marcas, modelos e tallas.
|
6.
Lembra que o casco debe estar moi xusto, pero sen apertar ningunha zona
da cabeza ou do colo. Tampouco ten que moverse no caso de vira-la cabeza
rapidamente.
|
7.
Tómate todo o tempo que sexa necesario para elixi-lo casco. Ten
que quedar perfectamente suxeito, xa que de non facelo sería
o primeiro en saltar no caso de caída.
|
8.
Cando un casco ten sofrido un golpe forte ou caeu dende unha altura
superior a 1,50 metros pode ter sufrido danos na súa estructura,
e ter quedado inservible no caso de accidente. Se tes dúbidas
ponte en contacto coa tenda, o fabricante ou importador para que comproben
os danos.
|
9.
Non só o casco é importante, tamén o resto da indumentaria:
un bo equipo de protección individual (roupa de material resistente,
xeonlleiras, luvas, etc.), tamén forma parte da túa protección
e seguridade.
|
10.
Ten en conta que o casco é obrigado (pódenche multar se
non o levas posto) e que só che protexe se vai posto na cabeza.
Se leva-lo casco colgado do brazo, no caso de caída, pódeste
rompe-lo brazo e maila cabeza.
|
|
|
 |