| |
 |
 |
1.
Se vas mercar un vehículo debes coñecer ben tódolos
aspectos do mercado destes productos: requisitos de idade, documentación
necesaria, homologación, etc.
|
2.
Antes de mercar unha moto, debes estar ben informado. Ten en conta que
tódolos vehículos, equipos, repostos e accesorios, deben
estar previamente homologados, e que é moi importante atender
ós aspectos de seguridade, as normas de velocidade, o tempo e
condicións da garantía, as ofertas que existen no mercado,
etc. Non elixas a moto só polo seu estilo.
|
3.
Se vas mercar unha moto de segunda man compróbaa antes, busca
unha persoa da túa confianza que entenda de motos para que a
revise contigo. Comproba que os cables e tódolos elementos da
moto estean en bo estado, que ó poñela en funcionamento
non se oian ruídos extraños ou rozamentos, e lembra que
se unha moto tivo un accidente grave pode ter quedado viciada.
|
4.
Revisa que tódolos papeis da moto estean axeitados; non os admitas
se atopas algo extraño. Pescuda (incluso podes preguntar en tráfico)
que o dono non teña multas pendentes de pagamento. Interésate
por outras cuestións: consumo de gasolina, problemas que tivo,
cánto paga polo seguro, etc.
|
5.
Debes probar calquera vehículo antes de adquirilo, sexa novo
ou de segunda man. Debes saber perfectamente que todo funciona axeitadamente.
Revisa o funcionamento dos mecanismos electrónicos: luces, intermitentes,
bucina, parada de motor, arrinque...
|
6.
Os tubos de escape que non son de serie deben estar homologados e non
pasar do nivel sonoro dos escapes orixinais. Nunca se debe modifica-lo
sistema de escape, xa que logo se incrementa o ruído. En motos
de segunda man, os escapes oxidados, avariados, ou danados deben ser
cambiados no momento no que se note que o ruído aumenta: pode
afectar á mecánica do motor.
|
7.
Debes mercar coa moto os equipos de protección individual necesarios:
casco, xeonlleiras, cobamentas, mono ou roupa de cores claras e rechamantes,
etc. Deste xeito estarás ben protexido. Lembra que non debes
usar nunca a moto sen casco.
|
8.
Non esquezas que para circular na moto debes levar sempre as luces prendidas.
Mantén sempre en perfecto estado as luces, intermitentes, freos,
rodas, etc.
|
9.
Se utilizas unha moto, ademais de respectar tódalas normas de
circulación, conduce sempre coa precaución necesaria para
evitar poñer en perigo ós demais e a ti mesmo.
|
10.
Non conduzas se tomaches alcohol ou outro tipo de drogas. Mellor non
te distraias, apaga o walkman ou Discman, non fagas nada que poida distrae-la
túa atención ó conducir. Se levas teléfono
móbil, que estea apagado. Non fagas adelantamentos temerarios,
non pases rozando ós coches aparcados, poden arrincar de improviso.
Obedece as sinais de tráfico e a sinalización no pavimento.
|
|
|
 |