Aragón
Asturias
Canarias
Cantabria
Castilla La Mancha
Castilla-León
Cataluña
C. Valenciana
Extremadura
Galicia
La Rioja
Madrid
País Vasco
 

1. Os xogos e os xoguetes non son productos só dos cativos, tamén da mocidade e incluso de persoas maiores. Por iso presta atención: é moi importante que leas detidamente as etiquetas antes de mercar.

2. No envase e nas etiquetas dos xogos e xoguetes debe aparecer claramente indicado o nome, a marca e o enderezo do fabricante e/ou importador. Non merques xogos e xoguetes anónimos.

3. É moi importante que leas detidamente as instruccións de uso. Non merques xogos e/ou xoguetes no caso que as instruccións de uso aparezan só nun idioma que non sexa o teu. Debes saber que é obrigado que as instruccións figuren, polo menos, na lingua oficial do estado español: o castelán.

4. Comproba que na etiqueta apareza a marca CE. Daquela o fabricante garante que o xogo ou xoguete cumpre as normas obrigatorias de seguridade.

5. Tamén, nas etiquetas e rótulos dos xogos e xoguetes débente alertar acerca dos riscos que pode entraña-lo seu uso, e o xeito de evitalos. Esto é moi importante no caso que funcionen con electricidade, utilicen productos químicos, dardos ou obxectos punzantes. En España non poden venderse xoguetes que funcionen con electricidade ca súa voltaxe exceda de 24 voltios.

6. Ningún xogo ou xoguete pode ser inflamable, explosivo, tóxico, radioactivo. No caso de utilizaren electricidade, deben estar illados e protexidos de forma axeitada cara a evitar riscos en contacto con cables conectados. Evita-los xogos e xoguetes que emitan moito ruído, por riba do legalmente establecido: poden causar danos no sistema auditivo.

7. Cando un xogo ou xoguete ten compoñentes pequenos, bolas ou pelotas con diámetros inferiores ó establecido, pode supoñer un perigo para os máis cativos; debe incluír unha indicación clara e lexible indicando “non recomendado para menores de 3 anos ou de 36 meses”. Ten en conta que aínda que o xogo ou xoguete sexa para ti que es maior, un cativo pode collelo e sofrir un accidente que se poida evitar.

8. Se participas en xogos de rol non esquezas que son só xogos. Confundi-lo xogo coa vida real conleva riscos importantes. Antes de entrar nun grupo aficionado ós xogos de rol, comproba que as persoas que participan nel, sobre todo as que o dirixen, teñen as túas mesmas inquedanzas e semellantes intereses.

9. Elixe xogos e xoguetes que estimulen a túa destreza e as túas habilidades. Lembra que moitas veces os xogos máis complicados son os máis caros, menos divertidos e rómpense con maior facilidade. Ten en conta as indicacións que fan referencia á idade. Deste xeito evitarás aburrirte ou frustrarte.

10. Se participas en xogos a través de Internet, procura non revelar nunca información persoal. Utiliza un nome de usuario que non coincida co teu nome real. Ten en conta que o uso abusivo de xogos a través de videoconsolas e/ou Internet pode provocar adicción, estrés e fatiga ocular que xunto ás malas posicións diante a máquina e prolongados estados de tensión, poden dar lugar a dores musculares e incluso orixinar problemas na columna vertebral. Comeza a preocuparte se pasas máis de tres horas diante dun videoxogo, xogo en rede, Internet, xogos de rol on line...ou se te levantas precipitadamente da mesa ou das actividades que estiveses desenvolvendo para continuar xogando co xogo inacabado.

REDE DE EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR
© 2005(Escuela Europea de Consumidores).