Aragón
Asturias
Canarias
Cantabria
Castilla La Mancha
Castilla-León
Cataluña
C. Valenciana
Extremadura
Galicia
La Rioja
Madrid
País Vasco
 

1. Antes de nada pregúntate: ¿Preciso esta operación? Cada persoa debería estar satisfeita coa súa propia imaxe. É importante coidarse, facer exercicio, levar unha dieta equilibrada, máis ¿é necesario ter un corpo 10? Cando es nova non é conveniente que te operes só para cambia-la túa imaxe: o corpo estase a desenvolver.

2. Asegúrate de realiza-la operación cirúrxica nun hospital ou nunha clínica médica (con quirófanos, enfermeiras, anestesistas titulados, sala de postoperatorio, etc.), onde deben ofrecerche tódalas garantías profesionais. Comproba que o centro elixido estea inscrito no rexistro coma centro sanitario, esto implica que se ten sometido ós controis que as autoridades sanitarias realizan para conceder unha licencia de apertura.

3. Evita decidirte por un ou outro cirurxián só tendo en conta o precio do tratamento. Os precios baixos poden ir en perxuízo da calidade dos materiais ou do servicio. Polo tanto, debes informarte ben acerca da calidade dos materiais que van usar contigo, sobre todo no que fai referencia ós implantes.

4. Escolle un cirurxián titulado en Cirurxía Plástica e Reparadora, comproba que ten conseguido o título da especialidade a través do procedemento legalmente establecido no noso país. Para ter máis información sobre calquera especialista médico podes chamar ó Colexio de Médicos da túa provincia.

5. Elixe un cirurxián con experiencia e ben preparado. Antes de te decidir, consulta con diferentes cirurxiáns. Pregunta a outras persoas que fosen operadas polo cirurxán que tes elixido. É importante coñecer ben ó cirurxián plástico antes da intervención para que atope-la solución máis axeitada ó teu caso. Fala co facultativo e pregúntalle sobre tódalas dúbidas, inquedanzas ou aspectos que descoñezas sobre a intervención: anestesia, postoperatorio, recuperación, cicatrices, etc.

6. Pide unha entrevista previa co anestesista, unha peza chave no quirófano. Tamén podes pedir coñecer previamente ó resto do equipo e verifica-la súa acreditación profesional.

7. Esixe que che informen por escrito no que vai consistir intervención, métodos que se van utilizar, contraindicacións, etc. Convenche coñece-los riscos de toda a operación: posibles infeccións, mala cicatrización, hemorraxias, complicacións, etc. Esixe unha publicidade verdadeira en tódolos servicios que che ofrezan. Lembra que a publicidade forma parte do contrato.

8. Antes da operación deben facerche exámes preoperatorios. Normalmente, o médico, antes dunha intervención, solicita diferentes análises: de sangue, clínicos, cardiolóxicos, etc, segundo a operación a realizar. Asegúrate de que no teu caso tamén.

9. Garda tódolos documentos que che vaian entregando sobre o teu tratamento, por insignificantes que parezan. Se tes que presentar unha reclamación, deberás ser quen de aportar probas documentais (publicidade, facturas, orzamentos…); e, no seu caso, demostra-la existencia do dano e prexuízo e a relación que te une ó médico ou o centro hospitalario que fixo a intervención.

10. A historia clínica do paciente é o documento fundamental en tódalas reclamacións por neglixencia médica ou hospitalaria. Debes ter moi claro que, como paciente, tes dereito a obter unha copia completa da túa historia clínica.

REDE DE EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR
© 2005(Escuela Europea de Consumidores).