Aragón
Asturias
Canarias
Cantabria
Castilla La Mancha
Castilla-León
Cataluña
C. Valenciana
Extremadura
Galicia
La Rioja
Madrid
País Vasco
 

1. Se queres lucir unha tatuaxe, acode a un centro que che garanta unhas correctas normas de hixiene e prevención de riscos sanitarios, senon te expóns a contraer infeccións ou enfermidades perigosas, do tipo hepatite B e C, ou SIDA.

2. Comproba que o centro de tatuaxe dispón de autorización para realizar esas prácticas, que utilizan métodos correctos de esterilización dos utensilios e que as tintas e pigmentos que utiliza están homologados e extráense de pequenos depósitos rexeitables e non de envases grandes. O profesional tamén está obrigado a usar guantes, materiais rexeitables e máscara.

3. Non te precipites, tés todo o tempo do mundo para elixi-lo deseño ou debuxo que queres. Porque ¡atención! aínda que agora as tatuaxes pódense borrar, utilizando láser e outras técnicas complexas, poden quedar rastros.

4. Pide que che realicen a tatuaxe sobre unha zona da pel sa: que non presente queimaduras, ou sexa propensa a reaccións alérxicas ou enfermidades dermatolóxicas.

5. Trata de coñecer outros traballos feitos polo profesional ó que acudas, para observar a calidade do seu traballo e o tipo de debuxos que fai.

6. Aconsellámosche que no te tatúes a cara nin no dorso das mans. A tatuaxe nestas zonas pode traerche consecuencias físicas. Se te arrepintes ó pouco tiempo de tatuarte, é un problema.

7. Debes ter claro que a tatuaxe é unha ferida na pel. Para a súa correcta cicatrización, pide consello ó especialista sobre as precaucións e medidas que debes tomar. Non te bañes no mar nin na piscina ata que cicatrizara totalmente, pero extrema a hixiene.

8. Una vez realizada, a tatuaxe é a túa responsabilidade: lembra que a tatuaxe é como una lesión, e como tal hai que coidala, recurrindo ós consellos e indicacións do especialista.

9. Pide factura polo pagamento do servicio, seráche de utilidade no caso de ter que reclamar. Controla a zona tatuada, una vez realizada a tatuaxe, e vai enseguida ó médico se tes algún destes síntomas: febre, arroibamento e/ou inflamación, dor ou molestias.

10. Lembra que durante un periodo dun ano, as persoas que se fixesen unha tatuaxe, no poden ser doantes.

REDE DE EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR
© 2005(Escuela Europea de Consumidores).