Aragón
Asturias
Canarias
Cantabria
Castilla La Mancha
Castilla-León
Cataluña
C. Valenciana
Extremadura
Galicia
La Rioja
Madrid
País Vasco
 

1. Se tés decidido colocarte un piercing, debes elixir un fabricado con materiais hipoalérxicos coma ouro, prata, titanio, tamén de aceiro cirúrxico, ou plástico, que permiten a súa esterilización.

2. Para evitar infeccións e transmisión de enfermidades, acude a centros que respecten as normas de hixiene e prevención de riscos sanitarios no tocante ás condicións do local, utensilios e materiais de traballo, sobre todo no que fai referencia á esterilización do material e á utilización de ferramentas dun só uso. Comproba que o centro está autorizado para realizar esas actividades.

3. Todo o material destinado directamente a atravesa-la pel, as mucosas ou outros tecidos, debe estar sempre estéril e ser dun só uso. Os materiais que se utilicen na operación e que non sexan rexeitables deben ser esterilizados e gardados en bulsas ou recipientes estériles ata o seu novo uso.

4. Cando vaias colocar o piercing non debes sofrir ningún tipo de enfermidade ou infección. O feito de padecela, ben sexa un arrefriado ou unha dor de moas, implica que o teu sistema inmunolóxico está esmorecido.

5. Debes pedir que che coloquen o piercing sobre unha zona da pel que non teña rozaduras, queimaduras, grans, reaccións alérxicas, nin síntomas de enfermidades dermatolóxicas.

6. Antes de colocarte o piercing é conveniente ter posta a vacina antitetánica. Lembra algo importante: non poderás ser doador durante un ano despois de ter posto o piercing.

7. Lémbralle á persoa que che vai poñe-lo piercing que che debe limpar e desinfecta-la pel antes de comezar a furar.

8. Ten en conta que hai partes do corpo como a lingua, o embigo, as mamilas, os beizos, os xenitais, nas que é máis fácil que os piercings podan ser arrincados co rozamento ó quedaren engarrados na roupa. Lembra tamén que as zonas de mucosas (boca, nariz, lingua e xenitais) son máis sensibles a contraer infeccións.

9. Posteriormente á colocación do piercing, debes evita-la formación de carapolas, seguindo os consellos que che indique o profesional. Despois da perforación, non debes bañarte na piscina nin no mar ata que teña cicatrizado a intervención.

10. Despois da colocación do piercing pide factura polo pagamento do servicio, é importante para unha posible reclamación. Controla a zona ónde está colocado o piercing e acude axiña ó médico ante estes síntomas: febre, arroxamento e/ou inflamación, dor ou molestias.

REDE DE EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR
© 2005(Escuela Europea de Consumidores).