Aragón
Asturias
Canarias
Cantabria
Castilla La Mancha
Castilla-León
Cataluña
C. Valenciana
Extremadura
Galicia
La Rioja
Madrid
País Vasco
 

1. Ten en conta que, legalmente, considérase cosmético a calquera substancia ou preparado destinado a ser posto en contacto coas diversas partes da superficie corporal (epiderme, sistema piloso e capilar, unllas, labios e órganos xenitais externos) ou cos dentes e as mucosas bucais, co fin exclusivo ou principal de limpalos, perfumalos, modificar o seu aspecto e/ou corrixir os olores corporais e/ou protexelos ou mantelos en bo estado.

2. Compra só cosméticos que estean debidamente etiquetados. Na etiqueta debe figurar claramente a identificación da empresa, composición, conservación, forma de uso e data de caducidade ou límite de uso. Elixe os máis adoitados para a túa pel: evitarás posibles alerxias e outros problemas.

3. Sempre que poidas utiliza productos hipoalerxénicos. Este termo implica que o producto é menos propenso a causar reaccións alérxicas. Pero ¡atención! a palabra hipoalerxénico nun envase non garante que o producto non provoque en ningunha situación reaccións alérxicas ou irritacións na pel, senón que esta probabilidade é menor.

4. Mantén os envases dos cosméticos herméticamente pechados cando non os teñas en uso. Consérvaos fóra da luz solar.

5. Ten en conta a data de caducidade, ou a recomendación de canto tempo máximo podes utilizar o producto, unha vez aberto, sempre que o mantiveras en condicións normais de uso.

6. Non gardes os cosméticos en lugares con temperaturas elevadas nin por longos períodos de tempo. Non utilices os cosméticos que cambien de cor, despidan olores diferentes ou desagradables.

7. Non compres os cosméticos en envases moi grandes. Recorda que, una vez abertos, o máis adoitado é repoñer todos estes productos cada tres meses.

8. Aínda que compartir é, normalmente, un exercicio saudable, precisamente, por razóns de saúde, non é recomendable compartir os cosméticos.

9. Non abuses de pinturas, nin de técnicas agresivas para a túa pel ou o teu pelo, como os tintes ou permanentes que poden danar o teu cabelo.

10. Suspende inmediatamente a aplicación e uso de cosméticos se notas que che están causando irritación. Nunca uses productos de beleza envasados en aerosol, cerca do calor ou mentras se está fumando, xa que poden ser inflamables.

REDE DE EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR
© 2005(Escuela Europea de Consumidores).