| |
 |
 |
1.
Os teléfonos móbiles emiten radiacións que, ainda
que son pequenas, están moi preto do corpo. Se utilizas con frecuencia
o teléfono móbil, é mellor que uses auriculares
adaptados ou sistemas de mans libres para falar mantendo o teléfono
afastado da cabeza e o corpo.
|
2.
Cando o teléfono está en espera, tamén emite radiacións
ainda que sexan menores. Procura non levalo permanentemente pegado ó
corpo, e durante a noite e cando non esperes chamadas, mantén
o móbil apagado.
|
3.
Non utilices o teléfono cando teñas unha cobertura baixa.
O móbil cando está lonxe do sinal, aumenta a potencia
das súas emisións.
|
4.
No momento no que se marca un número e se efectúa unha
chamada, mentras o terminal establece a conexión, é cando
o teléfono emite con maior potencia. Convén que agardes
uns segundos antes de achegalo á orella. Non leves o teu móbil
ó lado do corazón nin nos petos do pantalón xunto
á ingle. É mellor previr.
|
5.
O móvil non é un xoguete. Non é conveniente que
utilicen o teléfono móbil nenos e nenas pequenos, porque
son os máis sensibles as súas radiacións.
|
6.
Non utilices o teléfono móbil, aínda que dispoña
dun sistema de mans libres, mentras conduces cualquera tipo de vehículo,
a concentración que require unha conversación, marcar
un número ou recibir unha chamada produce distracción,
incrementa as infraccións e multiplica o risco de accidentes.
|
7.
Cumpre as restriccións e prohibicións para o uso de teléfonos
móbiles que hai en hospitais ou avións. Estas restriccións
tratan de evitar as interferencias do uso do teléfono móbil,
en aparatos médicos, que poden ser perigosos para os pacientes.
Igualmente non debes usar o teu teléfono nos avións xa
que poden interferir nos sistemas de navegación do aparato.
|
8.
Intenta realizar chamadas o máis breves posible. Deste xeito
sairán gañando a túa saúde e o teu peto.
|
9.
Se tes instalado un marcapasos, debes manter o teléfono móbil
lonxe do xerador de impulsos que o regula.
|
10.
Ó comprar un móbil é recomendable elixir un modelo
de baixa radiación para reducir o efecto das radiacións.
|
|
|
 |