| |
 |
 |
1.
Cando merque-lo ordenador coida da seguridade. Elixe un monitor e unha
pantalla de boa calidade; o pestanexar das imaxes produce canseira ocular
e dor de cabeza. Ponlle un filtro protector.
|
2.
Debes mante-los compoñentes do ordenador lonxe dos radiadores
e fontes de calor. Tamén, evita que se atranquen as fendas de
ventilación.
|
3.
Usa só cables de alimentación eléctrica homologados.
Non conectes nin use-lo módem nin o teléfono durante unha
treboada eléctrica: existe un alto risco de descarga eléctrica.
|
4.
Evita-la introducción de obxectos polas fendas dos compoñentes
do ordenador. Pódese producir un incendio ou sofrir un choque
eléctrico ó provocar un curtocircuíto entre os
compoñentes internos.
|
5.
É mellor non beber, nin comer, preto do ordenador. Evita derramar
alimentos ou líquidos sobre os seus compoñentes. Non o
poñas en marcha nun ambiente húmido, no caso de que se
molle, desconectao e ponte en contacto co provedor.
|
6.
Se cres que o ordenador ten una avaría, o mellor é que
a repare un técnico. Non esquezas que o ordenador está
conectado á rede eléctrica, polo que se deberá
desconectar cada vez que se manipule no seu interior. Deixa que o ordenador
se enfríe antes de desmonta-las cubertas ou toca-los compoñentes
internos.
|
7.
Evita estar moito tempo diante do ordenador. Lembra que podes ter problemas
na vista ou nas costas.
|
8.
Non facilites, en Internet, os teus datos persoais ou económicos
sen a debida seguridade. Tampouco non acordes citas, vía Internet,
coas persoas ás que non coñeces. Non facilites ó
teu enderezo, nin o teu número de teléfono, nin tampouco
a túa foto. Non tódolos lugares de «chat»
a través da rede son axeitados para os cativos ou para a mocidade,
aínda que estes se anuncien de xeito «especial para nenos
e mozos».
|
9.
Aconsellámoste que non envíes datos da túa tarxeta
de crédito ou detalles do teu banco ás persoas descoñecidas,
ou das que non tes comprobado previamente a súa identidade. Alguén
podería usa-los datos para roubarte. Non facilites a túa
contrasinal a ninguén, poderían facerse pasar por ti.
|
10.
Se tes conexión permanente a Internet, é moi conveniente
instalar unha devasa ou firewal cara a evitar que podan
acceder ó teu equipo sen o teu consentimento. Coidado cos virus,
instala un bo antivirus. Se non sabes cómo te podes protexer,
infórmate ben con alguén da túa confianza.
|
|
|
 |