| DECÁLOGO DA SEGURIDADE |
|
|||||||||||
|
1. Os responsables da comercialización teñen a obriga de poñer no mercado productos seguros. Un producto é seguro cando, en condicións normais ou previsibles de uso, non presenta riscos. 2. Legalmente un producto é seguro cando cumpre as normas técnicas de calidade e seguridade europeas, ou as específicas de cada país. 3. En tódolos productos terá que se incluír unha etiqueta informativa completa, que indique a identidade e os datos do productor e/ou distribuidor, composición do producto e, no caso que proceda, do lote de productos, e no seu caso, as condicións, instruccións, consellos e advertencias para o seu uso. 4. Os productores e distribuidores teñen a obriga de proporcionar ós consumidores información axeitada sobre os posibles riscos dos productos que comercializan e a documentación necesaria para que o consumidor poda coñecer con claridade da súa orixe. 5. Antes de mercar un producto, le detidamente a súa etiquetae e de xeito especial as instruccións de emprego e non acépte-los que non teñan unha información axeitada. 6. No caso de detectar unha falta na seguridade, os productores deberan adoita-las medidas precisas para, no caso necesario, afasta-los productos do mercado co fin de evita-los posibles riscos e colaborar coa Administración advertindo do risco e das medidas adoptadas. 7. Os Estados son responsables de velar para que se establezan procedementos cara a facer unha vixilancia eficaz do mercado. As Comunidades Autónomas teñen competencias para levar á práctica ese control no seu ámbito territorial. 8. Os Estados e as Comunidades Autónomas deben velar en prol de que os consumidores poidan presentar reclamacións sobre a seguridade dos productos e garanti-la súa resolución. 9. Existe unha rede europea en materia de seguridade dos productos para o intercambio rápido de información sobre determinados riscos, realización de proxectos conxuntos, intercambio de coñecementos e colaboración no tocante á localización, retirada e recuperación de productos perigosos. 10. Daquela: O consumidor ten dereito a recibir información ás claras sobre a identificación do producto, as instruccións, consellos e advertencias, no seu caso, sobre o uso, a natureza do risco que poida levar consigo e as medidas que se adopten para a detección no mercado dun producto que implique riscos.
|
||||||||||||
|
REDE
DE EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR
© 2005 (Escuela Europea de Consumidores). |
||||||||||||